Samsung presenta o seu novo smartwatch
martes, 1 de setembro do 2015
Mentres Android Wear prospera a bo ritmo, incluso integrando
compatibilidade con iOS, Samsung quere continuar a explorar outras opcións
independentes da tecnoloxÃa de Google, e presenta o seu Samsung Gear S2, un
novo smartwatch baseado en Tizen que presume
de deseño circular, cunha interface de usuario intuitiva e innovadora,
destacando polo marco xiratorio e os botóns de Inicio e Atrás, que fan que os
usuarios poidan acceder dun xeito máis rápido e cómodo a notificacións e
aplicacións.
- O Samsung Gear S2 classic pode funcionar como monitor de actividade
Atendendo a distintas sensibilidades estéticas, o novo smartwatch chegará en
dous modelos, o básico Gear S2 e un Gear S2 classic, que abraza o deseño dos
reloxos de pulso tradicionais cun acabado en cor negra e correa de coiro. Estes
reloxos contan cunha pantalla circular de 1,2 polgadas cunha resolución de 360
x 360 pÃxeles, procesador de dobre núcleo a 1 GHz e un grosor de só 11,4
milÃmetros, facilitando a recepción de notificacións do smartphone no pulso,
aÃnda que tamén estará dispoñible unha versión do Gear S2 con conectividade 3G,
que incorporarÃa a primeira e-SIM con capacidades de voz, para poder realizar
funcións rápidas sen que o reloxo estea nas proximidades do smartphone.
Os reloxos Samsung Gear 2 tamén pode funcionar como monitor de actividade e, ao
integrar NFC, pode empregarse como moedeiro electrónico ou incluso como chave
do automóbil, da casa ou da habitación do hotel (uso que aÃnda parecen lonxe de
popularizarse). Como grande vantaxe fronte a outros dispositivos como o Apple
Wach, o Samsung Gear S2 presume dunha autonomÃa de 2-3 dÃas, podendo recargarse
a baterÃa con só pousar o reloxo na súa base de carga.