Samsung presenta o seu novo televisor de ultra alta definición de 110 polgadas
luns, 30 de decembro do 2013
Vese que, rematada a febre das 3D, o que está de moda na
electrónica de consumo é a ultra alta definición, e en poucos dÃas moitos van
ser os fabricantes que leven os seus enormes televisores que permitan gozar de
contidos a tal resolución ao Consumer Electronics Show (CES) de Las Vegas, como
Samsung, que non conforme con amosar o ano pasado no evento un xigantesco
televisor de 85 polgadas, este
ano concorrerá á cita cun televisor de 110 polgadas ou, ou que é o mesmo,
unhas medidas de 2,6 x 1,8 metros, o que fai inevitable a súa comparación cunha
cama.
Deste volta non teremos que agardar moito para ver eses televisores xigantes no
mercado, pois están xa a comezar a súa distribución asiática, de xeito que nun
par de meses deberÃan estar xa dispoñibles en Occidente, aÃnda que a un prezo
ao alcance de moi poucos.