Samsung presenta o primeiro monitor con cargador sen fíos

luns, 27 de xullo do 2015 Marcus Fernández

Samsung está a presentar o seu novo monitor SE370 en tamaños de 23,6 e 27 polgadas, que aparte de contar cunha boa calidade de imaxes, optou por destacar converténdose no primeiro monitor do mercado e integrar a funcionalidade de carga sen fíos para dispositivos móbiles, ao incorporar un cargador Qi no seu soporte, de xeito que numerosos smartphones poderán recargar a súa batería con só apoiarse o pé do monitor.
Este innovador monitor ten un panel PLS de alto rendemento, cun ángulo de visión de 178 graos e un brillo de 250/300 candelas por metro cadrado. Soporta tecnoloxía AMD FreeSync para permitir un bo comportamento tanto durante o uso de videoxogos como durante a reprodución de vídeo se empregamos unha gráfica AMD. O seu tempo de resposta é de só 4 milisegundos e nos dous modelos dispoñibles a súa resolución é de 1.920 x 1.080 píxeles con un HDMI 1.4, un DisplayPort 1.2 e un conector D-Sub.

O novo monitor inclúe unha zona con tecnoloxía de carga Qi para recargar a batería de smartphones compatibles


Vídeo de presentación do novo monitor de Samsung

PUBLICIDADE