Samsung presenta o GALAXY Note 4 xunto cun innovador Note Edge
venres, 5 de setembro do 2014
Se algo pareceu desprenderse da presente edición da feira
IFA de BerlÃn é que os smartphones de grande pantalla son os produtos de maior
actualidade, parecendo unha tendencia imparable, de xeito que os terminais de
pequenas dimensións parecen relegados á gama baixa, e como exemplo dos tabletófonos de moda temos que unha vez
máis Samsung volve colocarse como referente co novo GALAXY Note 4,
smartphone presentado esta semana e que vén a ser unha evolución do Note 3,
conservando tamaño de pantalla, pero mellorando a súa resolución.
Temos asà que o GALAXY Note
4 pode presumir da súa pantalla Super AMOLED de 5,7 polgadas cunha
resolución de 2.560 x 1.440 pÃxeles. As cámaras tamén dan un importante salto
adiante, cun sensor de 16 MpÃxeles con estabilizador óptico de imaxe na cámara
traseira e 3,7 MpÃxeles na cámara frontal (ideal para auto-fotos). Continuando
as xeracións anteriores desta familia, o Note 4 tamén conta co tÃpico S Pen e
escáner de pegadas dixitais, incluÃndo un elemento realmente novo: un sensor de
ultra-violeta.
Tamén vén con Wi-Fi AC, Bluetooth 4.1, NFC e función de mando a distancia por infravermellos.
O novo smartphone está dotado con 3 Gb de RAM, 32 Gb de memoria interna
(ampliable mediante tarxetas microSD de até 64 Gb), ten un grosor de 8,5
milÃmetros e un peso de 176 gramos. A súa baterÃa de 3.220 mAh tamén conta con
tecnoloxÃa de carga rápida, que é un bo complemento á súa autonomÃa.
Pero Samsung non se conformou cun único Note, e tamén presentou o GALAXY Note
Edge, unha curiosa proposta innovadora que destaca por contar cunha zona de
pantalla curva nos bordes que buscan servir como acceso rápido ás aplicacións
máis frecuentemente usadas, as alertas e ás funcionalidades do trebello, que
está accesible incluso cando temos a tapa do móbil pechada. Entre as súas
funcións destaca, por exemplo, que esta marxe curva poida amosar notificacións
mentres estamos a reproducir un vÃdeo (sen invadir a área de reprodución do corte).
Este novo terminal adopta unha pantalla Super AMOLED de 5,6 polgadas , cunha
resolución de 2.560 x 1.440 + 160 pÃxeles, estando moi preto do Note 4 en case
todo. Aparte do modelo de 32 Gb de almacenamento interno, tamén contará cun
modelo de 64 Gb, o seu grosor redúcese até os 8,3 milÃmetros, o seu peso queda
en 174 gramos e a súa baterÃa limÃtase aos 3.000 mAh.
Ambos smartphones chegarán ao mercado no mes de outubro.
- O GALAXY Note Edge é a proposta innovadora de Samsung nos seus tabletófonos
VÃdeo oficial do Samsung GALAXY Note 4