Samsung presenta o GALAXY Mega, con pantalla de ata 6,3 polgadas
xoves, 11 de abril do 2013- Os Samsung GALAXY Mega chegan con pantallas de 5,8 e 6,3 polgadas
Os tabletófonos están aquà para quedar, e
confirmando a súa aposta polos smartphones de grande tamaño, Samsung
presenta hoxe os novos terminais Samsung GALAXY Mega, que chegan en modelos
con pantalla de 5,8 e 6,3 polgadas respectivamente, que no caso do GALAXY Mega
6.3 destaca por ter un grosor de só 8 milÃmetros.
Dende Samsung aseguran que o móbil con pantalla de alta definición de 6,3
polgadas aÃnda é o suficientemente portátil como para levalo no peto e usalo
cunha soa man, conseguindo colocarse nunha gama de dispositivos que queda a
medio camiño entre os smartphones e os tablets, tanto en hardware como en
software.
Os GALAXY Mega buscan non só poder visualizar páxinas web, fotografÃas e vÃdeos
nun tamaño bastante grande, senón que tamén queren que a súa pantalla poida empregarse
para varios usos á vez. Tamén incorporan prestacións como Group Play (para que
ata 8 dispositivos poidan compartir contidos na mesma rede Wi-Fi), Samsung
WatchON (que transforma o móbil nun mando a distancia para o televisor),
Samsung Link (para transmitir fotografÃas, vÃdeos, música e notas a un
ordenador, tablet ou televisor), S Translator (para facer traducións
instantáneas de texto e voz incluso en aplicacións de e-mail e mensaxerÃa
instantánea) e ChatON (para compartir a pantalla cos amigos).
O Samsung
GALAXY Mega 6.3 funciona cun procesador de dobre núcleo a 1,7 GHz, 1,5 Gb
de RAM, 8/16 Gb de almacenamento interno ampliable mediante tarxetas de memoria
de ata 64 Gb, Wi-Fi (a/b/g/n/ac), Wi-Fi Direct, Bluetooth 4.0, NFC, MHL,
cámaras de 8 e 1,9 MpÃxeles, baterÃa de 3.200 mAh, un grosor de 8 milÃmetros e
un peso de 199 gramos; mentres que o Samsung
GALAXY Mega 5.8 non só ten unha pantalla máis pequena, senón que chega cun
procesador de dobre núcleo a 1,4 GHz, sen opción de almacenamento interno de 16
Gb nin a última versión de Wi-Fi (IEEE 802.11ac), baterÃa de 2.600 mAh, un grosor
de 9 milÃmetros e un peso de 182 gramos.
Ambos móbiles funciona con Android 4.2 e chegarán ao mercado europeo a
primeiros do mes de maio.