Samsung presenta novos monitores que integran xogo na nube
mércores, 24 de agosto do 2022
Aproveitando a celebración da feira de videoxogos Gamescom dende
Samsung presentan novos integrantes da súa liña de monitores Odyssey,
orientados a unha magnÃfica experiencia de xogo, sendo o modelo máis salientable
o Odyssey Ark, xa que é o primeiro monitor gaming curvo 1000R de 55
polgadas do mundo, cunha taxa de refresco de 165 Hz, un tempo de resposta de 1
milisegundo e un novo modo cabina (ou sexa, que está preparado para colocalo en
orientación vertical, algo realmente impresionante nunha pantalla de tal
tamaño).
O monitor Odyssey Ark ten tecnoloxÃa Quantum Matrix impulsada por Quamtum Mini
LED, ou sexa, que ofrece un control ultrafino e preciso dos LED empaquetados
densamente cun procesamento de 14 bits, mellorado por 16.384 niveis de negro e
unha relación de contraste estático de 1.000.000:1.
Tamén podemos salientar que o monitor conta con Matte Display (o sexa, que a
súa pantalla evita os reflexos, algo moi importante dada a súa curvatura) e
Sound Dome, ou sexa, que integra altofalantes nas súas esquinas e woofers centrais
o que resulta nunha canle 2.2.2 de 60 watts con notas máis baixas de 45 Hz de calquera
monitor ou barra de son gaming.
O monitor pode controlarse cun mando a distancia Ark Dial que pode cargarse
mediante USB-C ou por enerxÃa solar. O Odyssey Ark está xa dispoñible en
reserva a un prezo de 2.999 euros, recibiendo os que o adquiran como agasallo
un volante Logitech G29 valorado en 399 euros.
Os outros monitores presentados por Samsung serÃan o Odyssey G70B e G65B, moito
máis ordinarios que o Ark, pero co que coinciden nunha caracterÃstica moi
interesante: todos os monitores presentados na Gamescom contan con Samsung
Smart Platform (ou sexa, corren aplicacións de Smart TV) e inclúen Samsung Gaming
Hub (ou sexa, son compatibles cos servizos de xogo na nube de Xbox, Stadia e
nVIDIA).
O Odyssey G70B chega en tamaños de 28 e 32 polgadas, cunha taxa de refresco de
144 Hz, un tempo de resposta de 1 milisegundo, resolución UHD e panel IPS
plano; mentres que o Odyssey G65B terÃa tamaños de 27 e 32 polgadas, unha taxa
de refresco de 240 Hz, velocidade de resposta de 1 milisegundo, e un panel curvo
1000R con resolución QuadHD.
Estes últimos monitores chegarán ao mercado no cuarto trimestre do ano.
VÃdeo promocional do monitor Odyssey Ark