Samsung presenta novas unidades SSD con interface SATA
martes, 19 de xaneiro do 2021
Samsung
anunciou hoxe o lanzamento do SSD 870 EVO, a última solución SATA da compañÃa
surcoreana para a súa gama de unidades de estado sólido de consumo máis vendida
do mundo. A nova unidade combina un mellor rendemento e a fiabilidade propia da
súa categorÃa, converténdose nunha solución de almacenamento integral para unha
ampla gama de consumidores.
Samsung 870 EVO conta co último controlador e tecnoloxÃa V-NAND da compañÃa, o
que permite acadar velocidades de lectura e escritura secuencial SATA de 560 e
530 MB/s respectivamente, mantendo o seu rendemento ao máximo e prometendo
preto do 38% de mellora na velocidade de lectura aleatoria con respecto ao
Samsung 860 EVO.
Esta unidade, ao estar en formato SATA de 2,5 polgadas, pode empregarse en
infinidade de dispositivos informáticos (dende ordenadores até NAS) e o seu modelo
con 250 GB de capacidade sae a un prezo de 55,99 euros, estando dispoñible en
capacidades de até 4 TB.
VÃdeo promocional das SSD 870 EVO de Samsung