Samsung presenta en Las Vegas un televisor modular de 146 polgadas

luns, 8 de xaneiro do 2018 Marcus Fernández

Samsung quixo levar ao CES algo grande, literalmente... e presentou durante a feira tecnolóxica de Las Vegas The Wall, o primeiro televisor do mercado de consumo modular MicroLED de 146 polgadas, que combina unha experiencia de visualización impresionante con funcións de centralización do fogar conectado.
Grazas ao deseño modular con tecnoloxía MicroLED, The Wall pode achegar unha definición incrible sen restricións de tamaño, resolución ou forma, destacando por ter unha autoiluminación con LED na escala do micrómetro, ou sexa que son máis pequenos que os LED actuais, de xeito que serve como a súa propia fonte de luz, eliminando a necesidade da retroiluminación. A compoñente modular consiste en elementos sen marco que permiten personalizar o tamaño e a forma dos televisores para adaptarse ás necesidades do consumidor e poder superar de xeito doado a barreira das 100 polgadas.

O deseño modular do novo televisor facilítalle superar as 100 polgadas

PUBLICIDADE