Samsung presenta as súas unidades SSD de 2 TB
luns, 6 de xullo do 2015
Pouco a pouco os discos duros tradicionais van pasando á
historia, e comezan a imperarse as unidades SSD, cunhas velocidades de lectura
e gravación moi superiores, que rachan co principal pescozo de botella que hai
nos equipos informáticos, e aÃnda que o limitado tamaño destas unidades facÃa
que en moitas ocasións houbese que adoptar solucións mixtas (con unidades
hÃbridas ou combinando o uso de unidades SSD con discos duros) as novas
unidades farán posible evitar este escenario, e asà Samsung
Electronics presenta as súas novas unidades SSD 850 PRO e 850 EVO con 2 TB de
capacidade en formato de 2,5 polgadas, facendo que Samsung conte cun amplo
abano de unidades de memoria de estado sólido, partindo de discos de 120 GB, de
xeito que conseguen satisfacer a case calquera usuario.
Dende Samsung están a esforzarse en achegar novas capacidades de SSD entre a
elevada demanda que teñen actualmente as unidades SSD de 500 GB, entendendo que
o mercado está a esixir unidades que superen o terabyte de capacidade, en boa
medida pola emerxencia do vÃdeo en ultra alta definición, que precisa tanto de
elevadas taxas de lectura/escritura como de grande capacidade para o seu
almacenamento.
A diferencia entre as dúas unidades presentadas é que o modelo profesional
garante unha vÃa de 10 anos ou a escritura de 300 TB, mentres que o modelo EVO
estarÃa garantido para 5 anos de uso ou 150 TB de escritura. O modelo máis
económico custarÃa 800 dólares (722,66 euros), o que supón unha importante
barreira para a súa popularización, pero este tipo de unidades están a reducir
o seu prezo a pasos axigantados, polo que cada dÃa é menos sorprendente ver
como equipos portátiles veñen configurados de fábrica con unidades SSD.