Samsung presenta a familia de portátiles Galaxy Book3
mércores, 1 de febreiro do 2023
Aproveitando o evento
de presentación da nova familia de móbiles Galaxy S23, Samsung presentou
tamén a súa familia de ordenadores portátiles Galaxy Book3, que inclúe os
modelos Galaxy
Book3 Ultra, Book3 Pro 360 e Book3 Pro. O Galaxy Book3 Ultra serÃa o equipo
de gama premium, o Galaxy Book3 Pro 360 serÃa un convertible 2 en 1 con funcionalidade
S Pen e o Galaxy Book3 Pro serÃa un ordenador máis delgado e lixeiro, que prima
a mobilidade, de xeito que a nova familia atende demandas moi diferentes.
O Samsung Galaxy Book3 Ultra incorpora o último procesador Intel Core i9 de 13ª
xeración e unha gráfica nVIDIA GeForce RTX 4070, converténdose no Galaxy Book
máis potente até o momento, de xeito que serÃa un equipo válido para usuarios
creativos e para xogadores de PC. A súa pantalla de 16 polgadas en un panel
Dynamic AMOLED 2X cunha frecuencia de refresco adaptativa de 120 Hz e unha
resolución de 2.880 x 1.800 pÃxeles, sendo capaz de achegar até 500 nits de
brillo con contidos HDR. Pode equiparse con até 32 GB de RAM LPDDR5 e até 1 TB
de SSD; conta con conectividade Wi-Fi 6E e Bluetooth 5.1; os seus catro
altofalantes corren da conta de AKG; integra lector de impresións dixitais na
tecla de acendido; e tamén conta cun porto USB-A, 2 portos Thunderbolt 4, HDMI
2.0 e toma para auriculares e micrófono. Pese ao seu grande tamaño, contén o
seu peso en 1,79 quilos, e sairá á venda o vindeiro dÃa 22.
Apostando por un público máis amplo temos os Samsung
Galaxy Book 3 Pro con pantallas de 14 e 16 polgadas tamén con resolución de
2.880 x 1.800 pÃxeles, que manteñen o seu peso en 1,17 e 1,56 quilos
respectivamente. Estes equipos funciona con procesadores Intel Core i5/i7 de
13ª xeración, gráfica Iris X, até 32 GB de RAM LPDDR5, até 1 TB de SSD, e
sacrificando tamén a súa saÃda de vÃdeo para limitala a un porto HDMI 1.4.
Chegarán ao mercado o 17 de febreiro a un prezo que parte dos 1.799 euros con
pantalla de 14 polgadas e de 1.899 euros con pantalla de 16 polgadas.
Na mesma liña estarÃa o Samsung Galaxy Book3 Pro 360 con pantalla de 16
polgadas, que pesarÃa 1,66 quilos no seu modelo normal e 1,71 quilos no seu
modelo con conectividade 5G. Temos asÃ
un ordenador que basicamente busca a portabilidade e a versatilidade,
principalmente polo seu formato 2 en 1, e chegará ás tendas a un prezo que
parte dos 1.999 euros.