Samsung podería estrear en breve un smartphone con pantalla de 5,8 polgadas

luns, 21 de xaneiro do 2013 Marcus Fernández

No verán Samsung presentou o seu GALAXY Player 5.8, un reprodutor multimedia portátil baseado en Android 4.0 que sorprendía por gozar dunha pantalla de 5,8 polgadas cunha resolución de 960 x 540 píxeles, así como outras prestacións bastante boas (1 Gb de RAM, 16/32 Gb de almacenamento interno ampliable mediante tarxetas microSD de ata 32 Gb, GPS, Bluetooth 4.0, Wi-Fi N e batería de 2.500 mAh), prometía convertese nunha alternativa máis portátil aos tablets e que finalmente parece que vai ser o produto no que vai basearse o fabricante surcoreano para escribir un novo capítulo no libro dos tabletófonos, pois ao parecer nos vindeiros días van anunciar o GALAXY Fonblet 5.8 (GT-I9152), que sería un dispositivo semellante ao reprodutor portátil mencionado, coa diferenza de funcionaría tamén como teléfono e incluiría unha versión máis actual de Android.
É moi posible que este smartphone de grande tamaño tamén estea dispoñible nunha versión con dobre SIM.

O Samsung GALAXY Player 5.8 destaca pola súa pantalla, aínda que tamén é moi completo en prestacións

PUBLICIDADE