Samsung mellora o rendemento das súas unidades SSD

mércores, 23 de xaneiro do 2019 Marcus Fernández

Samsung continúa a mellorar as súas unidades de memoria SSD, e agora presenta a Samsung 970 EVO Plus, que con capacidades de até 2 TB en formato M.2 constitúe un novo estándar para o almacenamento de alta rendemento para ordenadores persoais. Estas unidades NVMe integran os chips V-NAND máis avanzados de Samsung, con firmware optimizado, de xeito que as unidades 970 EVO Plus conseguen mellorar un 57% en velocidade de escritura fronte ás 970 EVO, á vez que melloran a súa eficiencia enerxética.
As novas unidades SSD de Samsung conseguen velocidades de 3.500 MB/segundo de escritura secuencial e 3.300 MB/segundo de lectura secuencial, mentres que as velocidades de acceso aleatorio chegan até os 620.000 IOPS por lectura e até os 560.000 IOPS en operacións de escritura.
Ofrécense dende xa en versións de 250 GB, 500 GB e 1 TB de capacidade, mentres que no mes de abril sairá á venda unha versión de 2 TB, partindo os prezos destas unidades dos 89,99 dólares, de xeito que dar un salto de rendemento e eficiencia para aplicacións de grande largo de banda é relativamente asumible.

Vídeo de presentación das unidades Samsung 970 EVO Plus

PUBLICIDADE