Samsung lanzará un novo móbil para os amantes da fotografía

venres, 26 de setembro do 2008 Marcus Fernández

Finalmente se coñecen as características do móbil Samsung M8800, tamén coñecido coma Pixon, que é un deses terminais pensados para os amantes da fotografía que queren integrar móbil e cámara compacta, pois integra unha cámara de 8 Mpíxeles con enfoque automático, estabilizador de imaxe e outras funcións avanzadas (así coma gravación de vídeo) que xunto coa súa pantalla táctil de 3,2 polgadas cunha resolución de 240 x 400 píxeles e interface TouchWiz (que permite o seu manexo cos dedos coma se fose un iPhone) forman un dispositivo de uso moi cómodo e completo.
O Samsung M8800 tamén conta con teclado virtual QWERTY, acelerómetro (para axustar a pantalla cando estea en horizontal ou vertical), GPS, Bluetooth, reprodución de DivX, receptor de radio FM con RDS, lector de tarxetas microSD e mesmo recoñecemento de escritura. Mide 107,9 x 54,6 x 14,9 mm, pesa 110 gramos e se venderá por uns 550 euros.


Anuncio do Samsung M8800 Pixon

PUBLICIDADE