Samsung lanza un novo móbil verde
luns, 7 de xullo do 2008- A carcasa do novo móbil de Samsung está feita de bioplástico (a partir de millo)
Para avanzar no
respecto medioambiental Samsung vén de lanzar ao mercado surcoreano o seu Eco
Phone, tamén coñecido coma Samsung SCH-W510, que é un
terminal HSDPA feito de bioplástico (feito con millo natural, e
carente de metais pesados, coma o mercurio).
Pero aparte da cara ecolóxica do móbil, tampouco
queda atrás en prestacións técnicas, cunha pantalla TFT de 2,1
polgadas cunha resolución de 240 x 320 pÃxeles, cámara de 3 MpÃxeles,
reprodución de audio e vÃdeo, sintonizador de radio FM, sintonizador da TDT
móbil utilizada en Corea do Sur (DMB), Bluetooth, lector de tarxetas microSD e
toma USB.