Samsung lanza un eReader con Wi-Fi e recoñecemento de escritura
xoves, 18 de febreiro do 2010
Despois do
fracaso do lector de libros electrónicos Samsung SNE-50K, que vendeu
só 3.000 unidades en Corea do Sur, o seu fabricante decidiu
reformular o dispositivo e presenta agora o
SNE-60K, que mellora a súa pantalla ata un tamaño de 6 polgadas, con
superficie táctil con recoñecemento de escritura, conectividade Wi-Fi e
Bluetooth, reprodución de MP3 e un prezo de 429.000 wons (274,59 euros), polo
que poderÃa trunfar onde errou o seu predecesor, aÃnda que, como acontece no
caso español, a ausencia de contidos para este tipo de dispositivos (só hai dispoñibles
uns 65.000 e-books en coreano e os super-vendas non están dispoñibles en
formato electrónico) supoñen un claro atranco para a consolidación deste tipo
produto.