Samsung lanza en Europa o Galaxy S25 Edge
venres, 30 de maio do 2025
Samsung Electronics estreou oficialmente en Europa o novo Galaxy S25 Edge, un smartphone que marca un antes e un despois no deseño de dispositivos de gama alta. Con só 5,8 milÃmetros de grosor e un peso de 163 gramos, o S25 Edge convértese no móbil máis delgado da historia da serie Galaxy S, sen renunciar a ningunha das prestacións avanzadas que caracterizan á gama premium da compañÃa surcoreana.
Este novo terminal, dispoñible oficialmente desde hoxe mesmo, chega ao mercado en dúas configuracións: unha versión con 12 GB de memoria RAM e 256 GB de almacenamento por 1.259 euros, e outra con 512 GB por 1.379 euros. Ambos modelos están dispoñibles en tres acabados: Titanio Prata, Titanio Azul e Titanio Negro intenso, con corpo reforzado por un marco de titanio e vidro Corning Gorilla Glass Ceramic 2 para unha maior resistencia fronte a golpes e riscos.
A pantalla Dynamic AMOLED 2X inclúe agora a tecnoloxÃa Adaptive Vision Booster, que adapta o brillo e o contraste segundo a luz ambiente, garantindo asà unha experiencia visual máis nÃtida e envolvente en calquera contorna. Pola súa banda, a baterÃa (de 3.900 mAh) promete autonomÃa para todo o dÃa, con capacidades de carga rápida que permiten recuperar enerxÃa en poucos minutos.
Un dos puntos fortes do S25 Edge é a súa integración avanzada de intelixencia artificial. A través de Galaxy AI, o dispositivo ofrece unha experiencia personalizada e contextual, con ferramentas como Now Brief e Now Bar que permiten organizar o dÃa a dÃa de forma intelixente. Estas funcións están deseñadas para adaptarse ás rutinas do usuario e poden integrarse con aplicacións de terceiros para ofrecer recomendacións e recordatorios nos momentos clave.
No apartado fotográfico, o Galaxy S25 Edge non queda atrás. Incorpora unha cámara principal de 200 MpÃxeles, cun sistema ProVisual Engine que permite capturar imaxes con gran nivel de detalle, incluso en condicións de pouca luz. Grazas á tecnoloxÃa Nightography, as fotografÃas nocturnas son ata un 40% máis brillantes, e os retratos destacan por representar tons de pel máis reais e naturais. A lente gran angular e a ultra gran angular completan un sistema fotográfico ao nivel dos modelos máis avanzados da marca.
Samsung tamén introduciu importantes innovacións na estrutura interna do dispositivo. A fin de manter o deseño ultradelgado sen comprometer o rendemento, desenvolveuse un novo sistema de montaxe de compoñentes con tolerancias de só 0,1 milÃmetros. Ademais, o Galaxy S25 Edge conta cun sistema de disipación térmica mellorado: unha cámara de vapor un 10% máis grande que a do Galaxy S25+, acompañada dunha nova estrutura perforada que facilita a transferencia de calor desde o procesador ao exterior. Isto permite manter o dispositivo fresco e rápido incluso nas tarefas máis esixentes.
O rendemento está garantido polo procesador Snapdragon 8 Elite for Galaxy, deseñado especificamente por Qualcomm para ofrecer un equilibrio óptimo entre potencia, eficiencia enerxética e capacidades de IA no dispositivo. Este chip é o mesmo que incorporan os modelos superiores da serie Galaxy S25, polo que o S25 Edge iguala en potencia aos seus irmáns maiores, a pesar do seu menor tamaño.
A nivel de deseño, o terminal representa un auténtico exercicio de enxeñarÃa de precisión. A carcasa da cámara adopta unha estrutura en dúas capas que compensa a altura do módulo, conseguindo integrar o sensor de 200 MpÃxeles sen sobresaÃr, e mantendo asà a liña delgada e elegante do dispositivo.
Con esta nova incorporación, Samsung consolida a súa aposta por combinar estilo, rendemento e innovación, demostrando que é posible manter altas prestacións nuns smartphone delgado e lixeiro, aÃnda que tendo que pagar a peaxe dunha menor autonomÃa. Deste xeito Samsung adiantarÃase ao rumoreado iPhone Air que estarÃa a preparar Apple, comprobando de primeira man se hai mercado para teléfonos que poñen o deseño por diante da autonomÃa.