Samsung e Apple poderÃan incluÃr a medición de glicosa en sangue nos seus reloxos este mesmo ano
luns, 25 de xaneiro do 2021
No marco
do CES a
empresa nipoa anunciou ter un prototipo de smartwatch capaz de medir o nivel de
glicosa en sangue de xeito non invasivo, e dende ET News aseguran que tal funcionalidade poderÃa chegar este
mesmo ano ás grandes marcas, dando por feito que na segunda metade do ano
verÃa a luz o que posiblemente serÃa o Galaxy Watch4 con medición de nivel de
glicosa en sangue mediante un sensor óptico, completando asà as funcións de monitorización
de ritmo cardÃaco, osÃxeno en sangue, presión arterial e electrocardiograma
(presentes no Galaxy Watch3, aÃnda que só activadas nalgúns territorios, en
función das autorizacións das entidades sanitarias locais).
Dende ET News non chegan a concretar se o smartwatch que recibirá primeiro a
nova funcionalidade, que poderÃa ter unha grande aceptación entre os diabéticos
ou xente que simplemente está moi preocupada pola súa saúde. A medición de
glicosa tanto poderÃa incorporarse no Galaxy Watch4 ou nun Galaxy Watch
Active3, en funcións de se Samsung prefire realizar este lanzamento bomba
nun reloxo urbano ou nun modelo máis deportivo.
Comentan que para estas medicións o reloxo de Samsung empregarÃa a espectroscopia
Raman valéndose dunha investigación que están a desenvolver cun equipo de
investigación do Instituto Tecnolóxico de Massachusetts, e tamén apuntan que
Samsung non serÃa a única grande compañÃa en lanzarse a este prometedor tipo de
medición, xa que o Apple Watch 7 tamén poderÃa contar con medición de glicosa
en sangue de considerar que conseguir tal monitorización con certa fiabilidade.