Samsung converte as súas aspiradoras en sistemas de vixilancia
martes, 15 de marzo do 2011
Samsung
leva a converxencia de dispositivos electrónicos a un novo nivel co seu robot-aspirador
VC-RL87W da liña Tango que integra conectividade Wi-Fi e TangoView, ou sexa, unha cámara de vÃdeo que permite utilizar a
aspiradora como unha cámara de vixilancia que podemos controlar dende o
ordenador, o móbil ou o tablet.
Esta aspiradora é relativamente silenciosa (xera só 48 dB de ruÃdo) e conta con
luz e micrófono para potenciar as súas funcións de vixilancia. O seu prezo en
Corea do Sur é de 799.000 wons (502,53 euros).