Samsung comercializa en España o seu novo quiosco para tendas

martes, 6 de xullo do 2021 Marcus Fernández

Samsung está a comercializar en España e outros 11 países a súa solución todo en un para realizar pedidos e pagamentos sen contacto, Samsung Kiosk, que están a converterse nunha parte da nosa vida cotiá ao adaptarse á situación sanitaria actual, así como as tendencias de mercado hibridando experiencias do comercio electrónico co comercio tradicional.
Estamos ante unha interesante solución para o comercio, que está baseada nunha pantalla táctil de 24 polgadas que integra SoC de Samsung (ou sexa, que non precisa dun PC externo para funcionar) e conta con distintos módulos que permítenlle operar con tarxetas bancarias, códigos de barras e códigos QR, á vez que tamén incorpora impresora de tíckets e conectividade Wi-Fi. Pode colocarse sobre unha mesa, ou instalarse nun soporte de doada montaxe, ou incluso montar nunha parede para aforrar espazo.
Este produto funciona con numerosas tecnoloxías fintech e de punto de venda grazas á colaboración de máis de 20 socios, e incluso poden administrarse de xeito remoto, facilitando así a detección de problemas en tempo real.

Os novos quioscos de Samsung poden instalarse en soportes doados de colocar en tendas e restaurantes para facilitar a realización de pedidos e pagamentos

PUBLICIDADE