Samsung anuncia un novo móbil con pantalla de 5 polgadas

martes, 18 de decembro do 2012 Marcus Fernández

A familia de móbiles Samsung con Android no para de medrar, mantendo uns tamaños de pantalla tamén bastante esaxerados, e así dan a coñecer o que será o Samsung GALAXY Grand, un smartphone con Android 4.1.2 e pantalla de 5 polgadas (cunha modesta resolución de 800 x 480 píxeles)), que alimentado por un procesador de dobre núcleo a 1,2 GHz, 1 Gb de RAM, 8 Gb de almacenamento interno (ampliable mediante microSD de ata 64 Gb), cámaras de 8 e 2 Mpíxeles, Wi-Fi N, Bluetooth 4.0 e batería de 2.100 mAh, que chega cun grosor de só 9,6 milímetros e un peso de 162 gramos, que parece aspirar a converterse na versión económica dos Samsung GALAXY Note, e que incluso vai contar cunha versión con dobre SIM, polo que entendemos que este dispositivo vai comercializarse incluso en mercados emerxentes.
O Samsung GALAX/ Grand chegará ao mercado a primeiros de 2013, e parece buscar captar a un tipo de consumidor que busca móbiles completos con pantalla de grande tamaño, pero sen precisar das altas prestacións dun terminal de alta gama, conseguindo así cubrir as súas necesidades por un prezo asumible.

PUBLICIDADE