Samsung anuncia lentes 3D graduadas
xoves, 21 de outubro do 2010
Ter que usar
lentes para poder ver pelÃculas en 3D é un problema especialmente molesto para a
xente que xa ten que utilizar lentes correctoras, e pensando na incomodidade de
levar dúas lentes á vez Samsung
anuncia o modelo de lentes SSG-R2200, que destacan por seren unhas lentes
3D activas dispoñibles en varios tamaños e formas (adaptándose asà aos distintos
integrantes da familia) ás que poden incorporarse cristais graduados, de xeito
que os miopes terán asà unha alternativa máis cómoda e práctica de gozar da
visión estereoscópica en salas cinematográficas e con equipamentos de cine en
casa compatibles coas 3D.
Polo momento non sabemos o prezo destas lentes, pero o feito de que sirva aos
miopes para non ter que vestir dúas lentes superpostas xa é vantaxe dabondo
para este tipo de solución tecnolóxica.