Salesforce merca Slack
mércores, 2 de decembro do 2020
Salesforce
e Slack veñen de anunciar un acordo definitivo mediante o que Salesforce
adquire Slack nunha operación a valoración de Slack en 27.700 millóns de dólares.
Salesforce é a compañÃa lÃder mundial en CRM (sistemas de administración de
relacións cos clientes) mentres que Slack é unha ferramenta de comunicación en
equipo cun nivel de adopción moi elevado dentro de empresas e proxectos de
traballo colaborativo.
A combinación de Slack con Salesforce Customer 360 aseguran que suporá un
grande cambio para os clientes e a industria xa que a suma creará o sistema operativo
para o novo xeito de traballar, outorgando ás compañÃas unha forma única de
medrar e ter éxito nun mundo en que todo é dixital. A plataforma aberta de Slack
está integrada con máis de 2.400 aplicacións e coa integración en Salesforce consolidarase
o meirande ecosistema de aplicacións corporativas, destacando o rol de Salesfor
como plataforma para conectar cos clientes.
Queda por ver agora o que acontecerá a longo prazo con Slack, xa que é un
servizo empregado por multitude de empresas que non son clientes de Salesforce
ou que non empregan ningún tipo de CRM, e a absorción da ferramenta poderÃa
levar a cambios na súa comercialización.