Saen á venda os teclados para Mac con Touch ID

martes, 3 de agosto do 2021 Marcus Fernández

Os últimos iMac con procesador M1 introducían como curiosa novidade teclados con lector de impresións dixitais, e agora Apple vén de introducilos no seu catálogo como produtos que poden adquirirse de xeito independente, de xeito que xa podemos mercar por 185 euros un Magic Keyboard con Touch ID e teclado numérico e un Magic Keybord con Touch ID (sen o mencionado teclado numérico) por 159 euros.
Ambos teclados funcionan sen fíos e poden cargarse a través dun porto Lightning (inclúe o cable adaptador de USB-C a Lightning), destacando polo feito de que só son compatibles con equipos «Mac con chip de Apple» que funcionen con macOS 11.4 ou posterior.
O Touch ID permite iniciar sesión e realizar compras dun xeito sinxelo e seguro, semellante ao que podemos facer en moitos móbiles con lector de impresións dixitais, levando así ao escritorio prácticas que normalmente reservábamos para dispositivos móbiles.

Apple vende os novos teclados en cor branca-prata con ou sen teclado numérico

PUBLICIDADE