Saen á venda os auriculares Pulse Elite para PlayStation 5
mércores, 21 de febreiro do 2024
Tras o éxito dos auriculares Pulse 3D para PlayStation 5 chegan hoxe ás tendas os novos auriculares sen fÃos Pulse Elite, que achegan audio nÃtido e envolvente á experiencia de xogo coa PS5, podendo conectarse tamén a equipos compatibles con PlayStation Link e con Bluetooth, conseguindo unha grande versatilidade.
Estes auriculares comunÃcanse coa PS a través dun adaptador USB PlayStation Link incluÃdo, e poden configurarse dende a consola para deixar os axuste de audio 3D e volume ao noso gusto, aÃnda que tamén cómpre salientar que mentres xogamos tamén podemos acceder a un menú rápido de axustes de son con premer tres veces o botón PlayStation Link (situado no lado dereito da diadema dos Pulse Elite), de xeito que asà pode controlarse a ecualización ou balancear o nivel de volume do chat de voz co volume do xogo.
Tamén resulta moi práctico o seu micrófono boom axustable e retráctil, situado no lado esquerdo, e que pode silenciarse dende o mando DualSense ou no botón dos propios auriculares (que contan cun LED para saber de xeito instantáneo se están silenciados).
O micrófono dos Pulse Elite contan con redución de ruÃdo mediante intelixencia artificial, filtrando os ruÃdos de fondo para que o resto de xogadores escoiten a nosa voz sen molestos ruÃdos de fondo como un ventilador, o tráfico da rúa ou un aspirador.
Estes auriculares inclúe un soporte de carga para gardalos con comodidade ao rematar de xogar, que pode montarse en mesas, escritorios e paredes, facilitando que os Pulse Elite estean dispoñibles para o seu uso en calquera momento.
Estes auriculares están á venda a un prezo de 149,99 euros, o que é un prezo considerablemente superior aos 99,99 euros dos Pulse 3D, que carecen de Bluetooth, micrófono boom e soporte de carga, á vez que teñen unha baterÃa que achega até 12 horas de autonomÃa (mentres que os Pulse Elite prometen até 30 horas), polo que queda nas mans do usuario elixir entre un modelo ou outro de auriculares en función do uso que vaia darlles.
VÃdeo promocional dos novos auriculares para PlayStation 5