Sae á venda o Honor 9
martes, 27 de xuño do 2017
A filial de Huawei, Honor, presentou hoxe en BerlÃn o seu
novo móbil insignia, o Honor
9, que presenta unha traseira de vidro 3D cun marco de metal que consegue
unha estética moi atractiva, facendo que o deseño estético deste terminal móbil
sexa un tan rechamante como o feito de que presente unha cámara traseira dual con
sensores de 20 e 12 MpÃxeles (monocromo e cor respectivamente).
O Honor 9 tamén quere presumir de músculo, e conta no seu interior cun potente
procesador Kirin 960, 6 GB de RAM e 64 GB de almacenamento (ampliable mediante
tarxetas de memoria de até 256 GB) e funciona con EMUI 5.1 (baseado en Android
7.0). Ofrécese con pantalla Full HD de 5,15 polgadas, cámara frontal de 8
MpÃxeles, Wi-Fi AC, Bluetooth 4.1, USB-C, lector de pegadas dixitais, NFC, baterÃa
de 3.200 mAh, un grosor de 7,45 milÃmetros e un peso de 155 gramos.
Curiosamente España está entre os paÃses de lanzamento deste novo móbil, que chega
en cor Azul ou Gris a un prezo de 449,90 euros, incluÃndo de xeito
promocional unha pulseira de actividade Honor Band 3.
- A carcasa do Honor 9 destaca especialmente na súa versión en cor azul