Sae á venda a SEGA Mega Drive Mini
venres, 4 de outubro do 2019
Tras o
éxito das consolas mini de Nintendo dende Sony fracasaron estrepitosamente
ao querer facer o mesmo coa súa primeira PlayStation, pero a nova máquina en
sumarse ao fenómeno semella que non vai ir polo mesmo camiño, xa que trátase
dun produto bastante coidado que non recibiu máis que boas crÃticas: a SEGA Mega
Drive Mini.
Trátase dunha réplica a escala da primeira Mega Drive de SEGA que queda en só o
55% do seu tamaño, aÃnda que os seus dous mandos USB incluÃdos si son bastante
fieis aos orixinais, e en vez de funcionar con cartuchos inclúe 42 xogos
precargados. A pequena consola, como as súas predecesoras, aliméntase por USB e
conéctase a televisores e monitores mediante HDMI, evitando asà as
complicacións para poder gozar dunha consola clásica nunha pantalla actual.
Entre os xogos integrados na SEGA Mega Drive Mini están o imprescindible Sonic
The Hedgehog, a conversión da recreativa Golden Axe, o violento Streets
of Rage 2, o frenético Road Rash II e incluso clásicos como Castle
of Illusion, Tetris, Darius ou Strider, polo que os
79,99 euros que custa a máquina son considerados un bo investimento por moitos
amantes do retro. A consola podemos atopala nas tendas a partires de
hoxe mesmo, e ten moitas bazas para converterse nun agasallo de Nadal.
Tráiler de lanzamento da SEGA Mega Drive Mini