Sae á luz unha rede de crÃticas fraudulentas en Amazon
luns, 10 de maio do 2021
O equipo de seguridade informática SafetyDetectives
atopou unha base de datos exposta na Rede que contiña máis de 12 millóns de
rexistros que implicaban a máis de 200.000 persoas nunha rede de comentarios fraudulentos
sobre produtos vendidos a través de Amazon, demostrando con moitos detalles unha
práctica habitual pese a ir contra as condicións das plataformas de comercio
electrónico (que prohiben expresamente as crÃticas pagadas).
A información filtrada expón un mecanismo a través do que os vendedores de Amazon
reintegraban o prezo dos produtos aos compradores que deixaban unha puntuación
de 5 estrelas e comentario falso sobre o produto coa clara intención de mellorar
a súa reputación e os seus resultados nas buscas, práctica que facÃase sen o coñecemento
de Amazon, xa que o reintegro económico tiña lugar normalmente a través de PayPal,
ou sexa, fóra da plataforma de comercio electrónico de Jeff Bezos.
A meirande parte dos usuarios que pertencerÃan a esta trama operada dende China
serÃan de Europa e EE.UU., e entre as marcas de produtos promovidas estarÃan
selos tan importantes como Aukey
e Mpow,
que actualmente parecen estar a someterse a revisión ou castigo por parte de
Amazon, xa que os seus produtos aparecen como non dispoñibles. As marcas chinesas
involucradas terÃan
unhas vendas anuais que poderÃan superar os 1.000 millóns de dólares.
Cómpre tamén sinalar que os particulares que participaron nesta trama tamén
poderÃan ter problemas legais, xa que nalgúns territorios a publicación masiva
de crÃticas falsas de produtos poderÃa considerarse un fraude con penas de cadea,
aÃnda que moitos dos usuarios involucrados entraron neste xogo sen entender as
súas implicacións legais, xa que esta rede de crÃticas pagadas en moitas ocasións
operaba coa aparencia dun negocio lÃcito.