Sae a demo de FIFA 10

xoves, 10 de setembro do 2009 Marcus Fernández

EA SPORTS estreou hoxe na PlayStation Network e no Bazar de Xbox LIVE a versión de demostración do agardado xogo FIFA 10, o xogo de fútbol chamado a converterse en referente desta xeración de consolas de videoxogos (superando en case todos os aspectos ao seu principal competidor, o Pro Evolution Soccer).
O FIFA 10 mellora o motor do xogo da súa anterior entrega , incorpora numerosos cambios froito de peticións dos seus seareiros, inclúe novidades coma o dribling en 360 graos, defensas máis intelixentes, unha intelixencia artificial do porteiro máis traballada, e moitos outros detalles dos que podemos ter un adianto nesta demo que no caso da Xbox 360 ocupa 979 Mbytes e só pode descargarse polo momento por parte de usuarios Gold de Xbox LIVE.

O xogo continúa a gozar das licenzas máis importantes do fútbol internacional e uns gráficos sumamente realistas

PUBLICIDADE