SNK reinicia a saga de Samurai Shodown
martes, 25 de xuño do 2019
En 1993 naceu a saga de xogos de loita Samurai Shodown,
que conseguiu un grande éxito en salóns recreativos especialmente en máquinas
Neo-Geo, para contar con numerosas entregas tanto en 2D como en 3D, e para
poder recuperar o estilo máis clásico desta saga, sen ter que recorrer a
conversións das vellas recreativas temos agora un novo xogo que chamándose
simplemente Samurai Shodown supón o retorno desta franquía, no que sería
a súa primeira entrega nova dende 2008 (co xogo tridimensional Samurai Shodown Sen,
que fora unha grande decepción).
Este novo Samurai
Shodown recupera os combates baseados en armas nun reboot con 13
personaxes moi queridos polos seareiros da saga que chegarán acompañados por
outros 3 personaxes dispoñibles no lanzamento, á vez que tamén sería facerse
cun pase de tempada para ir desbloqueando máis loitadores. O xogo conta con
distintos modos de xogo competitivos e chega en versións para PlayStation
4 e Xbox
One cuns gráficos tridimensionais movidos por Unreal Engine 4, pero cunhas
mecánicas de xogo 2D que fai que os que gozaron dos xogos orixinais perciban
simplemente que están ante unha mellora gráfica moi na liña do que aconteceu
coa serie Street Fighter.
Samurai Shodown ten Modo Práctica (para adestrar), Modo Online (para competir
a través da Internet), Modo Historia (para vivir unha aventura con cada un dos
personaxes do xogo), Modo Batalla (con modos Versus, Time Trial, Survival e
Gauntlet) e Modo Dojo (no que enfrontarse á nosa propia pantasma ou ás
pantasmas doutros usuarios).
Os usuarios que merquen o xogo antes do 30 de xuño recibirán sen custo
adicional o pase de tempada que ten prevista a incorporación de 4 personaxes
descargables entre agosto de 2019 e febreiro de 2020.
- O xogo inclúe os 13 loitadores da saga preferidos polos usuarios
Tráiler do xogo