Runbo X5 e X3, os smartphones con walkie-talkie para botarse ao monte
mércores, 16 de xaneiro do 2013- O Runbo X3 inclúe función de walkie-talkie
Os aventureiros que gusten de estar comunicados nas súas
excursións sen prescindir das bondades dun smartphone poden optar por un par de móbiles
reforzados que descubriu a xente de Engadget durante o CES de Las Vegas, que
chegan dende China a un prezo oficial de 1.999 iuans (242 euros) o que resulta
bastante económico se temos en conta as súas prestación.
Por unha banda temos o Runbo
X5, un móbil resistente a golpes, á auga e ao po (IP67) que funciona cun
procesador Cortex A9 de dobre núcleo a 1 GHz, 1 Gb de RAM, 4 Gb de
almacenamento interno ampliable mediante tarxetas de memoria microSD de ata 32
Gb, que conta cunha pantalla IPS de 4,3 polgadas cunha resolución de 800 x 480
pÃxeles, o que xa de por si son unhas boas prestacións para un dispositivo
deste tipo, pero que, ademais, inclúe cámaras de 8 e 0,3 MpÃxeles, altofalante
de grande volume, Android 4.0.4, Bluetooth 3.0, Wi-Fi, espazo para 2 tarxetas
SIM, GPS, toma para auriculares e unha enorme baterÃa de 3.800 mAh.
- AÃnda que estamos ante un produto deeñado para ser resistente, o Runbo X3 non esquece as prestacións multimedia
Para completar
o produto, unha radio walkie-talkie
que pode funcionar a unha distancia de ata 10 quilómetros (aÃnda que os
usuarios que non gusten de tal función poden sacarlle a voluminosa antena que
permite tal función). Mide 155 x 75 x 25 milÃmetros e pesa 312 gramos.
Pero este móbil non chega só, senón que tamén ten un irmán menor, o Runbo X3, que polo
mesmo prezo conta cunha pantalla IPS de 3,5 polgadas cunha resolución de 800 x
480 pÃxeles, que ten un tamaño menor para poder deixar sitio a un teclado
QWERTY, de xeito que serÃa unha mellor opción para os que non gusten de
pantallas táctiles para a introdución de texto.
- O Runbo X5 opta por unha pantalla táctil de 4,3 polgadas