Royole presenta o primeiro smartphone con pantalla encartable do mundo
mércores, 31 de outubro do 2018
A
empresa californiana Royole, pese a non ser coñecida internacionalmente,
semella querer gañar relevancia estragándolle a festa a Samsung ao
adiantárselle ao presentar
ao mundo o primeiro smartphone con pantalla pregable, o FlexPai, que ofrecen xa para Norte América
a un prezo de 1.318 dólares no seu modelo con 128 GB de capacidade e a
1.469 dólares con 256 GB de capacidade, aÃnda que cómpre destacar que estamos
ante un modelo destinado principalmente a desenvolvedores, mentres que a
versión destinada a consumidores finais chegarÃa no mes de decembro.
O FlexPai serÃa unha mestra de smartphone e tableta, que serÃa posible grazas
ao uso da segunda xeración de pantalla flexible de Royole, de xeito que
terÃamos un dispositivo co tamaño de pantalla dunha tableta, pero coa
facilidade de transporte dun teléfono, á vez que dirÃa adeus ás pantallas
rÃxidas.
Este novo dispositivo estarÃa equipado cunha pantalla de 7,8 polgadas cunha
resolución de 1.920 x 1.440 pÃxeles (ou sexa, cunha relación de aspecto 4:3),
mentres que ao dobrarse comportarÃase como 3 pantallas: unha principal de 810 x
1.440 pÃxeles (16:9), unha secundaria de 720 x 1.440 pÃxeles (18:9) e o borde de
390 x 1.440 pÃxeles (21:6).
AÃnda que a incorporación dunha pantalla no borde poida resultar pouco
práctico, consideraron que este elemento poderÃa empregase para amosar
notificacións para chamadas entrantes, correos electrónicos e mensaxes. Cando
está encartado as chamada poden responderse tanto dende a pantalla principal
como da secundaria, que tamén poden empregarse para disparar fotografÃas coas
súas cámars de 20 e 16 MpÃxeles. Para que todas estas funcionalidades sexan
posibles este equipo opera con Water OS, sistema operativo de grande
flexibilidade.
En calquera caso non semella que esteamos ante un produto que vaia ter unha
demanda comercial real, e simplemente quedará como un logro tecnolóxico
innovador, xa que a experiencia de uso que ofrece dista bastante da que achegan
smartphones e tabletas na actualidade, e o feito de poder encartar o terminal
parece máis unha incomodidade que unha vantaxe.
VÃdeo promocional do FlexPai de Royole