Router Wi-Fi para ADSL2+ que usa 3G coma respaldo
venres, 18 de febreiro do 2011
O router
Netgear DGN2200M chega a España para ofrecer certa versatilidade que
agradecerán os usuarios que precisen dunha alta dispoñibilidade de Rede, pois
este dispositivo que combina Wi-Fi N e un modem ADSL2+, tamén permite o acceso
á Internet valéndose da banda larga móbil achegada por un dispositivo conectado
a través dun porto USB integrado (que servirÃa coma conexión de respaldo), que tamén pode empregarse
para compartir un dispositivo en rede.
O router conta con 4 portos Fast Ethernet, permite configurar filtros de
control paterno (e outros filtros personalizados), ten mecanismos de medición
do uso da Internet (caracterÃstica especialmente interesante para os que
contraten conexións con lÃmites de transferencia), soporta seguridade Wi-Fi
(WPA/WPA2-PSK e WEP), inclúe mecanismos para evitar intrusións e previr ataques
de denegación de servizo, mide 17,3 x 12,8 x 3,3 centÃmetros e pesa 0,3 quilos.
Agárdase
que o seu prezo en España sexa duns 155 euros.
Netgear tamén vén de presentar o seu router
MBR1517, que permite compartir a través de 4 portos Fast Ethernet ou Wi-Fi
N a conexión achegada por conexións tanto 3G (CDMA/HSPA/HSPA+) coma 4G (LTE), o
que resulta moi práctico para dotar de conectividade a oficinas móbiles ou a
localizacións onde non chegue a banda larga fixa.
- O router conta con 4 portos Fast Ethernet e un porto USB