Rogue Trooper Redux sairá á venda o 17 de outubro
xoves, 20 de xullo do 2017
Hai
uns meses anunciouse que para a celebración dos 40 anos da revista británica de
banda deseñada 2000 AD estaban
a preparar a rematerización do videoxogo de Rogue
Trooper publicado pa Xbox, PS2 e PC en 2006 e adaptado a Wii en 2009,
do que por
fin sabemos a súa data de lanzamento: o 17 de outubro.
Rogue Trooper Redux chegará en
versións para PC, Xbox One e PS4 grazas ao traballo de TickTock Games, estudio
que adaptou o xogo para correr en máquinas modernas, para o que incorporaron
numerosas melloras gráficas, como texturas de alta definición, sombras e
iluminación dinámicas e, por suposto, gráficos en Full HD. As escenas
cinemáticas tamén procesáronse de novo coas resolucións de vÃdeo actuais.
Conséguese asà que un xogo de hai un par de xeracións poida lucir dun xeito
máis que digno en máquinas modernas, e tamén se adaptou lixeiramente a
xogabilidade para axustarse ás convencións do xénero (por exemplo, no novo xogo
contaremos cun sistema de coberturas automático, eliminando a necesidade de
premer un botón para tal fin, aÃnda que ese tipo de cambios só os percibirán os
que gozaran do xogo orixinal).
Parece confirmarse o coidado co que tratan as aventuras dun soldado de pel azul
que percorre a devastada Terra Nu acompañado polos biochips coa personalidade
dos seus compañeiros caÃdos en combate. Unha premisa bastante curiosa que no
xogo orixinal tratouse con bastante acerto, de aà que moitos lectores da obra
en papel que non gozaran do videoxogo de Rebellion poidan ter unha grande
predisposición para dar unha oportunidade e esta remasterización que van un
chisco máis adiante do que estamos afeitos.
VÃdeo no que comparan o xogo orixinal de Rogue Trooper coa súa remasterización