Rocksmith 2014 volverá a ensinar a tocar coa guitarra eléctrica numerosos éxitos musicais
venres, 6 de setembro do 2013
Cando chegou ao mercado Rocksmith,
unha especie de xogo que seguÃa a senda de Guitar
Hero e Rock Band, pero empregando
guitarras de verdade conectadas ao ordenador ou á consola, era difÃcil adiviñar
o grande
impacto que terÃa, converténdose en todo un método para aprender a tocar a
guitarra eléctrica e incluso impulsando a venda destes instrumentos
(especialmente nos EE.UU.), polo que agora non deberÃa sorprendernos que
Ubisoft prepare unha nova entrega, Rocksmith
2014, que ten previsto o seu lanzamento para o mes que vén, e que pretende
ser unha importante mellora do tÃtulo orixinal.
Rocksmith 2014 será máis grande,
maior e máis rápido que nunca, cunha nova aparencia, ferramentas de práctica
máis flexibles e profundas, novas técnicas e afinados, máis de 50 novas
cancións de éxito e moito máis, do que podemos ver unha mostra no vÃdeo que veñen
de facer público dende Ubisoft San Francisco, para que coñezamos o que
permitirá este produto para Xbox 360, PlayStation 3 e PC: