Rock Band dará o salto á PSP xunto con outros grandes lanzamentos
mércores, 25 de febreiro do 2009- Imaxe na que se representa cómo poderÃa ser o Rock Band visto na PSP
Sony quere revitalizar
a súa consola portátil, e para darlle o pulo que necesita para manter certa
forza no mercado decidiron anunciar unha serie de fortes
lanzamentos baseados en franquÃas de éxito.
Entre os xogos que chegarán para a PSP están unha previsible versión
portátil do Little Big Planet,
o MotorStorm: Arctic Edge (da popular
saga de xogos de carreiras), Buzz: ¿qué
sabes de tu paÃs? (que incluirá preguntas centradas en España), unha versión
de Assasin’s Creed e
incluso un Rock Band Unplugged. A
maiores tamén chegará en menos de dúas semanas ás tendas Resistance: Retribution, que poderÃa ser o grande éxito para a PSP
na primeira metade do ano.
Destes lanzamentos, o que parece ser máis ambicioso serÃa o Rock
Band Unplugged, que responderÃa ao Guitar Hero On Tour para Nintendo DS e está a ser desenvolvido por
Backbone Entertainment (responsable de grandes xogos coma Super Street Fighter II Turbo HD Remix ou 1942: Joint Strike). ContarÃa coa mesma mecánica de xogo que o
resto de tÃtulos da saga de Rock Band,
pero utilizando os botóns da PSP en vez dunha guitarra de plástico conectada á
consola, podendo cambiar o xogador entre os distintos instrumentos (guitarra,
baterÃa e baixo) ou mesmo usando a voz (aÃnda que neste caso non se canta realmente, senón que se fai uso
dos botóns dianteiros da consola).
Rock Band Unplugged incluirá de serie
temas de Blink 182, AFI, Kansas, Lit e The Police, aÃnda que tamén existirá un
completo catálogo de cancións que se poderán mercar a través da PlayStation
Network, co que pretenden repetir o éxito das versións domésticas do xogo (que
xeraron importantes cantidades económicas por esta canle).