Rock Band</Em> adáptase ao iPhone

venres, 9 de outubro do 2009 Marcus Fernández

Os xogos tipo Guitar Hero teñen unha chea de clons para dispositivos móbiles, pero a división móbil de Electronic Arts tamén sabe ver que ese tipo de títulos son rendibles, de aí que confirmasen que están a traballar no Rock Band para iPhone e iPod Touch, xogo que conserva a mecánica dos títulos de consola (aínda que con certas limitacións propias da falta de instrumentos musicais adicionais) ou do propio Tap Tap Revenge, pero destacando por prometer un modo de xogo multiusuario a través de Bluetooth.
De todos os xeitos, a grande diferenza que haberá entre este título e os seus competidores está nos temas musicais incorporados, que no novo Rock Band son orixinais, cun total de 20 cancións no momento do seu lanzamento:
- Attack-30 Seconds To Mars
- Girls Not Grey – AFI
- Move Along - All American Rejects
- Sabotage - Beastie Boys
- All The Small Things - Blink-182
- Hanging on the Telephone – Blondie
- Learn To Fly - Foo Fighters
- Everlong - Foo Fighters
- Bad to The Bone - George Thorogood & the Destroyers
- Hymn 43 - Jethro Tull
- Bad Reputation - Joan Jett
- Simple Man - Lynard Skynard
- Ace of Spades ‘08 – Motorhead
- Debaser - Pixies
- Ladybug - Presidents of The United States of America
- Give It All - Rise Against
- Lazy Eye - Silversun Pick Ups
- Cherub Rock - Smashing Pumpkins
- Take The Money and Run - Steve Miller Band
- We Got The Beat - The Go Go’s


Dende Toucharcade publicaron un adianto do que será o <em<Rock Band para o iPhone

PUBLICIDADE