Rock Band 4 precisará dun adaptador para usar os accesorios de Xbox 360 en Xbox One

martes, 25 de agosto do 2015 Marcus Fernández

No mes de outubro chegará ás tendas de videoxogos Rock Band 4, título musical que recuperará de xeito continuista o xénero musical, xa que non só manterá no catálogo en liña de cada usuario os xogos que tivesen mercado en entregas anteriores da saga, senón que incluso será compatible cos vellos instrumentos de anteriores consolas, o que trae unha desafortunada sorpresa para os usuarios de Xbox One, xa que o xogo solto custará máis que a versión para PS4.
Resulta que os lotes de Rock Band 4 con guitarra sen fíos, ou incluso con guitarra, batería e micrófono, teñen o mesmo prezo para Xbox One e PlayStation 4, pero no caso de que xa teñamos instrumentos de consolas de anterior xeración o prezo de referencia do xogo para PlayStation 4 sería de 59,99 dólares, mentres que a versión para Xbox One custaría 79,99 dólares (os prezos para Europa aínda non se deron a coñecer), diferenza de prezo xustificada porque na consola de Microsoft o xogo inclúe un adaptador para facilitar o uso dos periféricos sen fíos de Xbox 360, ou sexa, que hai que pagar por querer manter a retrocompatibilidade de hardware. O accesorio soportará a conexión de até 4 accesorios sen fíos á vez, tanto oficiais de Rock Band como de fabricantes alternativos.
O xogo chegará ao mercado cun catálogo de máis de 1.500 cancións dispoñibles en liña, das que unha boa selección incluiranse no propio disco do de Rock Band 4:

.38 Special - Caught Up In You
4 Non Blondes - What’s Up?
Aerosmith - Toys in the Attic
Arctic Monkeys - Arabella
Avenged Sevenfold - Hail to the King
Benjamin Booker - Violent Shiver
The Black Keys - Fever
The Both - Milwaukee
Cake - Short Skirt/Long Jacket
The Cure - Friday I’m In Love
Disturbed - Prayer
Dream Theater - Metropolis - Part 1 - "The Miracle And The Sleeper"
Duck & Cover - Knock ’Em Down
Eddie Japan - Albert
Elvis Presley - Suspicious Minds
Fall Out Boy - Centuries
Fleetwood Mac - You Make Loving Fun
Foo Fighters - The Feast and the Famine
Halestorm - I Miss The Misery
Heart - Kick It Out
Heaven’s Basement - I Am Electric
Jack White - Lazaretto
Judas Priest - Halls Of Valhalla
The Killers - Somebody Told Me
Lightning Bolt - Dream Genie
Little Big Town - Little White Church
Live - All Over You
Lucius - Turn It Around
Mark Ronson ft. Bruno Mars - Uptown Funk
The Mighty Mighty Bosstones - The Impression That I Get
The Outfield - Your Love
Ozzy Osbourne - Miracle Man
Tijuana Sweetheart - Pistol Whipped
Paramore - Still Into You
The Protomen - Light Up The Night
Queens of the Stone Age - My God Is The Sun
Rick Derringer - Rock and Roll, Hoochie Koo
Rush - A Passage To Bangkok
Scandal - The Warrior
Scorpions - No One Like You
Slydigs - Light The Fuse
Soul Remnants - Dead Black (Heart of Ice)
Soundgarden - Superunknown
Spin Doctors - Little Miss Can’t Be Wrong
St. Vincent - Birth In Reverse
System of a Down - Spiders
Van Halen - Panama
Van Morrison - Brown Eyed Girl
White Denim - At Night In Dreams
The Who - The Seeker

Vídeo no que anuncian as últimas cancións confirmadas para Rock Band 4

PUBLICIDADE