Rock Band 4 busca financiamento para dar o salto ao PC
martes, 1 de marzo do 2016
O pasado outono saÃu á venda o xogo
musical Rock Band 4 para Xbox One e
PlayStation 4, pero o que prometÃa ser unha firme recuperación dunha
franquÃa recoñecida, pese a manterse fiel ás anteriores entregas, non conseguiu
captar tanto interese como era desexable por Harmonix, de aà que a compañÃa
estea a buscar ampliar o seu público indo máis aló das consolas de videoxogos,
e iniciando unha campaña
de micromecenado en Fig para buscar financiamento para unha versión para PC de Rock Band 4.
Os incondicionais da franquÃa que queiran contribuÃr a facer posible un Rock Band 4 para PC poden realizar
diferentes contribucións que a partires de 49 dólares (45 euros) incluirÃan
unha copia do xogo con 30 cancións adicionais ás 65 que incluirÃa o xogo de serie, prevéndose o seu lanzamento no
último trimestre do presente ano, o que dá a impresión de que o xogo poderÃa completarse
a grande velocidade, de xeito que o seu desenvolvemento limitarÃase a adaptar
os sistemas de control e incorporar algunha funcionalidade adicional, como a
atractiva posibilidade de permitir contido xerado polo usuario, xa que
resucitarÃan a Rock Band Network, que permitÃa coller as nosas propias
cancións, incorporarse información MIDI e asà xerar un ficheiro musical
interpretable polo xogo (e que na nova versión poderán compartirse coa
comunidade).
Para facilitar a conversión do xogo de consola a ordenadores persoais Harmonix
uniu forzas con Sumo Digital, de xeito que o estudio externo
responsabilizarÃase do proceso de adaptación do xogo mentres o persoal de
Harmonix continúa a traballar en novos contidos e caracterÃsticas que chegarÃan
ás versións de consola e PC de Rock Band
4.
Dado que Harmonix é un estudio independente, optaron polo micromecenado como
fonte de financiamento deste proxecto con certo risco (tras ver a sorte que
seguiu este xénero hai anos) e que persegue xuntar 1,5 millóns de dólares para
completar a conversión que como principal atractivo ten a mencionada
incorporación de contido creado polo usuario a través de ferramentas que serán
de balde e publicaranse a través de Steam Workshop.
VÃdeo de presentación da campaña de micromecenado de Rock Band 4 para PC