Rock Band 2 xa é compatible cos micrófonos de Lips
luns, 28 de setembro do 2009
Hai moitos meses
que Harmonix prometera unha actualización
para o seu xogo musical Rock Band 2
para Xbox 360, que finalmente está dispoñible para a súa descarga,
incorporando o modo de audición da
Rock Band Network (de xeito que os artistas que están a preparar os seus temas
para o Rock Band poderán probalos),
permitindo ordenar as cancións polas súas puntuacións en estrelas no modo de
partida rápida, descargas en background
na Music Store, melloras no soporte de acordes e na sensibilidade das baterÃas
e, finalmente, soporte dos micrófonos sen fÃos da Xbox 360.
Deste xeito, os micrófonos de Lips
melloran a súa compatibilidade, de xeito que, aparte dos xogos de karaoke da
Xbox 360, tamén funcionan/funcionarán en Guitar
Hero: Greatest Hits, Guitar Hero 5,
Guitar Hero: Metallica, Guitar Hero: Van Halen, Konami Karaoke Revolution, LEGO Rock Band, Rock Band 2, The Beatles:
Rock Band, Band Hero e Disney’s Sing It! High School Musical 3:
Senior Year.