RoboCop volve ao mundo dos videoxogos cun tÃtulo free-to-play
mércores, 8 de xaneiro do 2014
A finais dos anos 80 o filme RoboCop chegou acompañado por un excelente videoxogo de acción que
causou furor en máquinas recreativas e practicamente todas as plataformas
domésticas (sendo un dos xogos máis vendidos de todos os tempos para o ZX
Spectrum) e co gallo do remake
do da pelÃcula de Paul Verhoeven que chegará aos cines o 14 de febreiro
estréase na App
Store a súa adaptación ao videoxogo, moito máis modesta que a adaptación de
1988, pero coa vantaxe de ser moi accesible por chegar baixo a fórmula do free-to-play.
O novo xogo de RoboCop é un shooter en terceira persoal con coberturas, que contrólase de xeito
táctil empregando unha parte da pantalla para mudar o ángulo de visión e a
outra metade para fixar o punto de mira para abater aos numerosos inimigos que
irán xurdindo en diferentes misións, á vez que podemos empregar a axuda de
drones para rematar con grandes vagas de inimigos. No xogo haberá que eliminar
aos inimigos, para o que será preciso escanear os obxectivos con visión térmica
para localizar a súa posición ou para atopar os seus puntos débiles (no caso
dos grandes robots aos que haberá que facer fronte), tendo tamén que xestionar
o uso de botiquÃns para recuperar vida e podendo mellorar a o traxe robótico e
as armas para poder avanzar a bo ritmo no xogo (fórmula adoptada habitualmente
nos tÃtulos free-to-play para sacar
rendemento económico dos xogadores máis impacientes).
RoboCop - The Official Game está xa
dispoñible para iOS, estando prevista a súa versión para Android para o
vindeiro dÃa 15.
Trailer do novo xogo de RoboCop