Rise of the Tomb Raider será unha das estrelas do E3

luns, 1 de xuño do 2015 Marcus Fernández

De cara á campaña de Nadal Microsoft quere aproveitar a posición de privilexio que vai ter a Xbox One, xa que parece que vai ter máis títulos exclusivos que a PlayStation 4 (que veu como Uncharted 4 adiaba o seu lanzamento até 2016) entre os que están a destacar Rise of the Tomb Raider, a secuela do reboot de Tomb Raider, que será exclusivo temporalmente para Xbox One e Xbox 360.
Para ir quecendo motores, o xogo estrea hoxe un novo trailer e presenta a que será a súa cuberta, aínda que polo momento non dan moitos detalles sobre este interesante título, remitindo aos xogadores ao 15 de xuño, data na que terá lugar a presentación de Microsoft dentro da feira de videoxogos E3, e na que espérase que amosen as moitas novidades que previsiblemente incorporará este xogo que é de agardar que teña un apartado gráfico moi coidado, xa que dende Crystal Dynamics xa conseguiron bastante experiencia coas novas consolas ao desenvolver unha remasterización da primeira entrega das novas aventuras de Lara Croft.


Novo trailer de Rise of the Tomb Raider

PUBLICIDADE