Ribeira presenta 342 alegacións ao plan do Estado para identificar áreas sen banda larga suficiente
luns, 31 de maio do 2021
- A Concelleira de Innovación Tecnolóxica, Administración e Transparencia, Ana Barreiro
O Concello de Ribeira vén de
anunciar a presentación dun total de 342 alegacións á consulta
pública do Goberno do Estado sobre zonas sen banda larga
ou insuficiente de
telecomunicacións,
logo da consulta á cidadanÃa.
A iniciativa recolleu
alegacións por parte de habitantes de
todas as parroquias do termo municipal,
sendo Aguiño
(80), Ribeira (76) e Carreira (56) as parroquias que máis
rexistraron. Palmeira (38), Castiñeiras (36) e Artes (29) tamén
tiveron unha importante participación. As zonas que menos alegacións
presentaron foron Corrubedo (14), Oleiros (9) e Olveira (4).
Deste xeito, o Executivo
estatal,
usando a información facilitada polos operadores, realizou unha
listaxe preliminar de zonas, brancas ou grises (con
menor cobertura), e
abriu de prazo ata o 29 de maio para que os interesados formulases as
súas observacións. AsÃ, dende a ConcellerÃa de Administración e
Innovación de Ribeira pretenden formar parte do Plan de
Colectividade e Infraestruturas Dixitais, que ten unha dotación de
2.320 millóns de euros.