Ribadeo gaña o concurso da operadora Adamo para pór en valor a vida rural

venres, 12 de marzo do 2021 Pedro Pérez

A localidade lucense de Ribadeo vén de recibir o premio de gañador de El pueblo más amado, un concurso convocado pola operadora de telecomunicacións Adamo o pasado decembro para recordar e destacar as virtudes das formas de vida que se desenvolven no mundo rural.
A localidade lucense impúxose na fase final das votacións nun certame no que participaron, nas redes sociais, preto de 1.200 poboacións. Ademais de converterse na poboación máis amada, Ribadeo será tamén a mellor conectada a través da sinal de Internet máis rápida que existe hoxe no mercado (1.000 Mbps). O premio inclúe que o e os seus veciños de Ribadeo poidan acceder a paquetes de fibra óptica por tan só 1 euro durante un trimestre, así como o Concello de Ribadeo terá un ano gratis de conexión a Internet.
Jesús Calleja, o popular presentador de televisión e embaixador de Adamo, visitará a vila da Mariña de Lugo e será recibido polo alcalde, Fernando Suárez. Deste xeito, foi Jesús Calleja o encargado de comunicar a noticia da vitoria aos ribadenses a través dun vídeo de felicitación.
O certame acolleu a miles de veciños de pobos concursantes que participaron de forma desinteresada co fin de animar ao voto e fomentar o concurso. É o caso de Juan José Arnoso, un namorado de Ribadeo que destaca “o carácter acolledor dos ribadenses, así como a súa beleza e cultura”. Tamén quixo destacar a importancia da fibra óptica como elemento para “romper a fenda dixital”.
Deste xeito Ribadeo convértese en El pueblo más amado”, nun certame organizado por Adamo que foi todo un éxito, cun total de 1.163 candidaturas a través das votacións online que concluíron o pasado 14 de febreiro.

PUBLICIDADE