Rhythm Thief y el Misterio del Emperador adaptarse ao iPhone

venres, 7 de setembro do 2012 Marcus Fernández

Na 3DS o xogo musical de SEGA contrólase empregando a pantalla táctil e o xiroscopio da portátilQue Nintendo non pensa levar as súas grandes franquías (como Super Mario Bros e The Legend of Zelda) a dispositivos móbiles que non sexan consolas de videoxogos da súa propia marca é algo evidente, pero as compañías que desenvolven xogos para as súas plataformas non opinan igual, e ven o control táctil deseñado para as Nintendo DS e 3DS como unha oportunidade de adaptar os títulos a pantallas táctiles, de aí que non debería sorprendernos que se anuncie que o xogo Rhythm Thief y el Misterio del Emperador, tras a súa boa acollida na 3DS, prepare a súa chegada a iOS.
Pero a conversión da aventura musical de SEGA a trebellos móbiles de Apple non só vai transformar o control da 3DS, senón que tamén mudará o seu modelo de negocio, de xeito que o título que podería chegar á App Store este mesmo ano optaría polo Free-to-Play, ou sexa, que descargaríase de balde, pero poderíanse adquirir elementos no xogo, á vez que tamén é de agardar que conte con elementos sociais.

Na 3DS o xogo musical de SEGA contrólase empregando a pantalla táctil e o xiroscopio da portátil

PUBLICIDADE