Retoman a causa xudicial contra elitedivx.com

xoves, 24 de setembro do 2009 Marcus Fernández

A sección quinta da Audiencia Provincial de Murcia volverá a investigar o caso contra a páxina web elitedivx.com por posible vulneración da propiedade interectual despois de que a o asunto fose arquivado. Agora abriranse de novo dilixencias de investigación para decidir se atopan indicios de delito tipificado no artigo 270.1 do Código Penal.
Segundo parece, o tribunal considera que a actividade de elitedivx.com supón a comunicación pública de arquivos protexidos con ánimo de lucro e con prexuízo a terceiro, mentres que dende a defensa sempre argumentaron que a páxina web en cuestión non pon os arquivos a disposición do público, senón que só indica a súa localización, como tamén fai Google, e así foi entendido noutras causas semellantes nos últimos anos, que remataron todas en sobresemento, de aí que sorprenda a teima neste caso.

PUBLICIDADE