Retan a estudantes da ESO a desenvolver un dron capaz de apagar un lume
martes, 10 de maio do 2022
A Fundación Barrié e o Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG)
reunirán
o vindeiro 20 de maio a preto de 180 estudantes de terceiro de ESO chegados
dos 18 centros escolares de toda Galicia que foron seleccionados para participar
na 1ª Liga Maker Drone, impulsada
por ambas as entidades. A xornada de exhibición das solucións que os
participantes estiveron a desenvolver desde o mes de febreiro de 2022 para
responder o reto da liga, que consiste en construÃr e programar un dron para
axudar a combater incendios, terá lugar no Coliseum da Coruña. A Liga Maker Drone é a primeira iniciativa destas
caracterÃsticas de ámbito autonómico en España e ten como fin último o fomento
das vocacións cientÃfico-tecnolóxicas das novas xeracións.
Tras recibir a formación especÃfica impartida en cada un dos
centros, os equipos participantes tiveron que idear, deseñar e programar un
dron capaz de recoller auga, transportala e acceder, desde o exterior, á planta
dun edificio no que haxa un incendio simulado para contribuÃr á súa extinción
no menor tempo posible. Para iso, a cada un dos centros facilitóuselle un dron,
formación e orientación por parte da organización.
Xurado e premios
As demostracións das solucións deseñadas por cada equipo serán
avaliadas por un xurado especializado, segundo as seguintes categorÃas:
– Premio ao equipo gañador da
competición. Esta categorÃa resolverase en modalidade torneo, na que os equipos
competirán simultaneamente para levar a cabo correctamente a misión definida no
desafÃo no menor tempo posible.
– Premio ao mellor deseño. Nesta
categorÃa valorarase a optimización do deseño, de acordo cos requisitos
técnicos especificados: menor peso, menor custo, etc.
– Premio á solución máis disruptiva, na
que se valorará a creatividade e innovación da solución proposta para resolver
o desafÃo.
– Premio á habilidade en voo, onde se
valorarán as habilidades de pilotaxe de drons.
– Premio especial do público á mellor
presentación, segundo expresión oral, claridade e medios gráficos utilizados
para a exposición.
Obxectivos xerais
A través dunha experiencia participativa e estimulante, a Liga
Maker Drone persegue os seguintes obxectivos:
– Converter aos estudantes en actores
activos en aplicacións tecnolóxicas, estimulando o seu interese, creatividade e
autonomÃa.
– Sensibilizar aos alumnos sobre a
relevancia da tecnoloxÃa, facilitando o seu uso na aula para o seu uso en
asuntos da vida diaria.
– ContribuÃr á orientación profesional
dos estudantes de ESO, a través da presentación práctica de diferentes
disciplinas e as súas aplicacións.
– Difundir o coñecemento tecnolóxico de
maneira amigable, tratando de superar a percepción de materia complexa mediante
o uso de novas formas participativas na aula.
– ContribuÃr á educación
cientÃfico-técnica da sociedade, mediante actividades demostrativas dos
desenvolvementos realizados polos estudantes.