Respawnables: un shooter para iOS feito en España
luns, 17 de decembro do 2012- Os personaxes do xogo poden personalizarse e equiparse con distintos elementos
Nos últimos dÃas a alianza
entre a editora Zynga e o estudo barcelonés Digital Legends concretouse nun
excelente xogo de
acción en terceira persoa para iPhone, iPod Touch e iPad titulado Respawnables e que ofrece horas de
diversión baixo a fórmula do free-to-play,
combinando modos en liña e fóra de liña, converténdose nunha descarga imprescindible
para os amantes dos shooters.
No modo fóra de liña Respawnables
ofrece máis de 100 misións para completar que servirán para adestrar para o
modo multixogador en liña que conta con 2 variantes: de balde para todos e de
enfrontamentos por equipos.
O xogo conta con opcións de personalización a través de máis de 50 elementos
con atributos, 15 armas, unha árbore de habilidades progresiva, trebellos e
potenciadores e varios mapas.
AÃnda que estamos ante un tÃtulo violento, Respawnables
optou por adoptar unha estética cartoon
na liña de Team Fortress 2, o que resta
realismo ao xogo (atenuando a sensación de estarmos ante unha matanza) sen
reducir o seu nivel de detalle (aproveita os gráficos das pantallas Retina).
Un tÃtulo moi recomendable tanto para
quen queira botar algunhas partidas sen compromiso como para os que queiran
gozar dun shooter en mobilidade (pois
este xogo permite xogar tanto a través de Wi-Fi como de 3G).
- Este xogo de acción en terceira persoa ten unha estética que lembra a Team Fortress 2
- Respawnables é unha produción do estudo barcelonés Digital Legends
Trailer do xogo