Resolto o certame de aplicacións abertas de Chuza!
luns, 3 de novembro do 2014
Finalmente resolveuse
a primeira edición do Certame de aplicacións de software libre da
comunidade Chuza!, unha actividade desenvolvida en colaboración
co Grupo de Programadores e Usuarios de Linux (GPUL) e co obxectivo
de contribuír por unha banda á evolución da propia páxina da
comunidade e, pola outra, á rede de ferramentas informáticas libres
das que podemos botar man na nosa lingua.
Segundo fan saber os
organizadores do concurso, acordouse outorgar dous premios accésit a
Iago Veloso Abalo (por RadioCo,
un sistema de gravación automática da emisión en directo dunha
emisora de radio comunitaria) e a Damián Aragunde (por Ok-Oh,
unha ferramenta de axuda á audición mediante o uso de dispositivos
móbiles).
Engadir que RadioCo
xurdiu como un proxecto de fin de carreira e xa foi probado por
CuacFM. O sistema grava e publica de xeito automático os programas
en formato podcast posibilitando a subscrición e a
reprodución de audio directamente dende un navegador web.