Resistance 3 soportará PlayStation Move e 3D

xoves, 31 de marzo do 2011 Marcus Fernández

A xente de Insomniac anunciou que Resistance 3 funcionará con PlayStation Move

Os xogos de acción en primeira persoa para PlayStation 3 están a apostar de xeito decidido pola tecnoloxía PlayStation Move para poder disparar aos inimigos co novo sistema de control de movemento, o que contribúe a somerxerse na experiencia de xogo, e o estudo Insomniac Games anunciou que vai seguir esta liña no seu Resistance 3, que non só poderá manexarse co novo mando de Sony, sen´no que tamén será compatible coa tecnoloxía de visualización 3D.
Resistance 3 chegará en exclusiva para PlayStation 3 no mes de setembro, e as súas novas prestacións puideron verse nunha versión de demostración que amosaron en Los Ángeles, na que tamén se apreciaban múltiples detalles sobre o xogo, como a súa ambientación e os inimigos aos que haberá que facer fronte nesta nova aventura de acción que promete horas de diversión enfrontándose ás ameazas xurdidas da invasión alieníxena Quimera a mediados do século XX.

O xogo conta cunha nova ambientación e numerosos inimigos monstrosos aos que facer fronte