Resident Evil 6 terá novos modos de xogo descargables

mércores, 5 de decembro do 2012 Marcus Fernández

O vindeiro 18 de decembro o xogo Resident Evil 6 recibirá novo contido descargable en exclusiva temporal para Xbox 360 que consistirá nos modos de xogo Predador, Superviventes e Invasión, e que poderán adquirirse por 320 Microsoft Points cada un ou 720 Microsoft Points en conxunto.
O modo Predador permite ao xogador tomar o papel dun Ustanak, unha arma biolóxica que axexa a Jake Muller na súa campaña e que intentará eliminar ao resto dos xogadores (que deberán procurar detelo ou cando menos sobrevivir ata que remate a sesión).
O modo Superviventes é unha variación do clásico modo versus no que poden participar entre 2 e 6 usuarios en solitario ou en equipo. A súa innovación consiste en que os humanos caídos en combate resucitarán como inimigos que poderán recuperar a forma humana se derrotan a outro humano. Gañará a contenda a última persoa ou equipo que se manteña en pé.
O modo Invasión permitirá a 2 xogadores enfrontarse desfacéndose de hordas de inimigos que se aproximan, podendo encadear combos como chave do éxito neste modo, pois dese xeito poden enviarse inimigos á pantalla do opoñente.

No modo Invasión dous xogadores competirán en desfacerse dos inimigos que vaian xurdindo nas súas pantallas
No modo Predador fará acto de presenza Ustanak


O modo Predador explicado en vídeo


O modo Superviventes visto en vídeo


O modo Invasión amosado en vídeo

PUBLICIDADE